Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.586

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 4 de setembro de 2001, da Dependencia de Recadación de Granada, de notificación por comparecencia.

En virtude do disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, na redacción dada a el polo artigo 28.1º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, e estando pendentes de notificar actuacións administrativas de procedemento recadatorio de constrinximento, que se tramian na URE da Delegación da AEAT de Granada, ó non se poderen realizar estas tras dous intentos, por causas non imputables á Administración, ós suxeitos pasivos/obrigados tributarios/representantes que a seguir se relacionan: AEAT Dependencia Provincial de Recadación, Delegación de Granada.

Comunidade Autónoma de Galicia

Datos do contribuínteLiquidación

B18324269Bazar Atlas, S.L.C1100099150164014
B18324269Bazar Atlas, S.L.C1100001150045116
B18324269Bazar Atlas, S.L.C1100001150045171
23765174XEstévez Segura JoséC1100096360108856
2488548VFidalgo Suárez AlfonsoC1100000540137136
24143845DGarcía Maza JosefaC1100000150117341
75066152VRobles Cuenca SebastiánC1100099320115477
74645881WSantor Gómez María MC1100099270151850

Son citados mediante o presente anuncio para que comparezan por si ou por medio de representante debidamente autorizado na URE da Delegación de Granada, sita na Avda. da Constitución 1 2ª planta, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, ou da administración da AEAT que corresponda ó seu

domicilio, no mesmo horario, para seren notificados, no prazo de dez días contados desde o seguinte a esta publicación.

Advírtese que se, transcorrido o dito prazo, non comparecesen, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugar de comparecencia.

Granada: avda. Constitución, 1; Granada norte (Almanjayar): Urb. Puerta del Sol, sector 4, Parc. 6 C.P. 18013; Baza: r/ Antonio Machado, 3, C.P. 18024; Guadix: r/ Higueras, 2, C.P. 18091; Loja: r/ Carrera de San Agustín, 17, C.P. 18123; Motril: r/ Cardenal Belluga, 1, C.P. 18142; Orgiva: r/ Alcazaba, 7, C.P. 18400.

Granada, 4 de setembro de 2001.

María Luisa Fernández Arroyo

Xefa de Servicio de Recadación p.s.