Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.585

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 17 de agosto de 2001, da Dependencia de Recadación de Badajoz, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria (Lei 230/1963, do 28 de decembro), segundo a redacción dada polo artigo 28.1º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, por este anuncio faise saber que, tentada a notificación ós interesados ou ós seus representantes sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, por medio deste anuncio se pon de mani

festo que se encontran pendentes de practica-las seguintes notificacións:

-Relación de debedores con notificacións pendentes: os incluídos na relación adxunta.

-Procedemento que motiva as notificacións: procedemento administrativo de constrinximento.

-Órgano responsable da súa tramitación: órganos de recadación desta delegación.

Os debedores incluídos na relación adxunta, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer, co obxecto de que se practique a notificación pendente, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no boletín oficial correspondente, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas, na unidade de recadación

de calquera das oficinas da Axencia Estatal de Administración Tributaria nesta provincia, sitas en:

-Don Benito: Alonso Martín, 16.

-Mérida: praza de Santa María, 5.

-Zafra: avda. Antonio Chacon s/n.

-Badajoz: Paseo de San Francisco, 17.

Os debedores que citados por este anuncio non comparezan en por si ou por medio dos seus representantes debidamente acreditados, no prazo fixado con anterioridade, entenderanse notificados para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Badajoz, 17 de agosto de 2001.

Rafael Díaz García

Xefe da Dependencia de Recadación de Badajoz

ANEXO

Datos do contribuínte.

B06017958.

Extremadura Express, S.L.

R/ Adriano, 7, Mérida.