Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.586

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DA MARIÑA ORIENTAL

BASES da convocatoria da praza de xerente da fundación.

En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e de conformidade co acordo adoptado polo Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Mariña Oriental o día 30 de xullo de 2001, convócanse probas de selección para cubrir, baixo a modalidade de contratación indefinida, unha praza de xerente para facerse cargo da xestión da dita fundación.

As condicións específicas do contrato de traballo, así como as funcións do xerente da fundación, estarán á disposición dos interesados na sede da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, en diante SDC, sita na estrada Santiago de Compostela-Noia km 3-A Barcia (Santiago de Compostela). Teléfono: 981 54 26 08.

I. Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ser maior de 18 anos.

-Acreditar titulación universitaria de grao superior.

-Acreditar unha formación mínima de 350 horas e/ou experiencia profesional de 1 ano en planificación e desenvolvemento local-comarcal.

II. Coñecementos que se requiren:

a) Coñecementos específicos:

-Teoría e práctica do desenvolvemento comarcal: o Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

-Teoría e metodoloxía da planificación estratéxica.

-Metodoloxía dos procesos de desenvolvemento.

-Dinámica do desenvolvemento e fases da planificación estratéxica.

-Modelos aplicados de desenvolvemento territorial: análise de casos.

-Teoría e práctica do desenvolvemento local.

-Recursos e axentes para o desenvolvemento local e comarcal.

-Programación e organización de actividades de formación, promoción e dinamización.

-Actividades de promoción e desenvolvemento comarcal.

-A animación sociocultural. Concepto. Técnicas.

-Organización de actos de promoción sectorial.

-Organización feiral en Galicia.

-A Rede de Centros Comarcais de Galicia.

-Técnicas de programación de itinerarios turísticos.

-Organización e estructura do turismo rural en Galicia.

-Estructura económica e social da comarca da Mariña Oriental.

-Estructura e organización territorial de Galicia.

-As administracións locais. O municipio. A provincia. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

-Formas de intervención da Unión Europea para o desenvolvemento rexional e local.

-Europa: estructura territorial e organización política e administrativa.

-As institucións europeas e o seu funcionamento.

-A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea.

-As comunidades europeas. O ordenamento xurídico comunitario. As liberdades básicas do sistema comunitario.

-Xestión de programas e de iniciativas comunitarias.

-O asociacionismo. Concepto, características e normativa que o regula. Organización. Sistema de financiamento.

-As regulacións e normativas legais que afectan o modelo galego de desenvolvemento comarcal.

-Marco legal sobre fundacións de interese galego e de institucións sen finalidade de lucro.

-Lei de fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral.

-Lei de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de retribución de persoal e contratación.

-Normativa reguladora das organizacións non gobernamentais.

-Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

-O procedemento administrativo: concepto e natureza. Iniciación, ordenación, instrucción e terminación. O silencio administrativo.

-O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Capacidade para contratar. Forma. Documentación e proba.

-O Servicio Galego de Colocación (SGC).

-As medidas activas de emprego vixentes na Comunidade Autónoma.

-A planificación contable. Plan xeral de contabilidade. Ámbito e contido do plan. Obxectivos. Criterios de valoración. O euro: a súa reconversión e regras de redondeo.

-O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

-O Consello da Xunta de Galicia. Organización e estructura das consellerías.

-O Parlamento de Galicia. O Valedor do Pobo. A Administración pública da Comunidade Autónoma.

-O Consello de Contas. O Consello Económico e Social.

-O protocolo e a normativa legal que o regula. Organización e coordinación de actos.

-A Lei do patrimonio cultural de Galicia.

-A Lei do Estatuto dos traballadores.

b) Coñecementos complementarios:

-Acredita-lo coñecemento da lingua galega.

-Posuír e acredita-lo coñecemento de informática a nivel usuario.

III. Documentación que hai que presentar:

-Fotocopia DNI.

-Currículum vitae xunto coa documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación requirida, os coñecementos, os méritos e a experiencia profesional.

-Solicitude dirixida ó presidente da fundación, segundo o modelo do anexo I.

IV. Lugar e prazo de presentación.

-As solicitudes presentaranse nas dependencias da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, situada na estrada Santiago

de Compostela-Noia, km 3-A Barcia. 15896 Santiago de Compostela.

O prazo de presentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

V. Comisión de selección:

A comisión de selección estará formada polos seguintes membros:

Presidente: titular: Andrés Precedo Ledo. Presidente do Padroado da fundación.

Suplente:

José Mª Moraleja Alonso. Delegado provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Lugo.

Secretario: titular: Enrique Fernández González. Vicepresidente do Padroado da fundación.

Suplente: Manuel Díaz Sampedro. Secretario do Padroado da fundación.

Vocais:

José Mª Soriano Villalba. Xefe de Asuntos Económicos da SDC.

José Figueroa Dávila. Xefe de Acción Comarcal da SDC.

Rosario Álvarez Cao. Xefa de Planificación da SDC.

VI. Proceso de selección:

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, se é o caso, e establécese un prazo de dez días hábiles para que, por petición do interesado, se poida reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos e fixaranse o lugar e a data de realización da proba de coñecementos. Os candidatos deberán asistir provistos do DNI. Estas listas publicaranse no taboleiro de anuncios da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. As probas de selección consistirán en:

a) Proba escrita teórico-práctica de coñecementos (punto II.a) e aptitudes. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados. Os cinco candidatos que, sendo aptos, obteñan a maior puntuación na proba escrita, serán convocados á proba oral.

b) Proba oral sobre experiencia profesional en desenvolvemento territorial/local e sobre coñecementos con base na temática que se recolle nos puntos II.a) e II.b) destas bases. Os candidatos convocados deberán responder, durante un máximo de 30 minutos, ás preguntas que, sobre os citados contidos, lles sexan formuladas polos membros da comi

sión de selección. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 5 puntos, e é necesario acadar unha puntuación mínima de 2,5 puntos para superar esta proba.

Unha vez valoradas as probas anteriores, a comisión de selección publicará no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia os resultados definitivos, con indicación expresa do candidato seleccionado.

Ribadeo, 9 de outubro de 2001.

Andrés Precedo Ledo

Presidente do Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Mariña Oriental

ANEXO I

D./Dna... con DNI..., en virtude da convocatoria da praza de xerente da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Mariña Oriental,

SOLICITA:

Participar no proceso selectivo para cubrir unha praza de xerente convocada pola Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Terra da Mariña Oriental mediante anuncio público desta fundación no DOG nº..., con data do... Para tal fin achégase documentación conforme o recollido nas bases da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, ... de... de 2001.

Asdo:...

Presidente do Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Mariña Oriental