Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

EDICTO.

Con data do 27 de setembro de 2001 foi aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación do equipamento do Centro Interpretación-Museo da Lagoa de Antela, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 4 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso e polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 7.608.175 pesetas.

Fianza: 304.327 pesetas.

Proposicións: presentaranse no rexistro de entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo). Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do seguinte día hábil (agas sábado), a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Sandiás. Teléfono 988 46 50 01. Fax 988 44 60 48.

Sandiás, 10 de outubro de 2001.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa