1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Concello de Ribeira.
Dependencia tramitación: Oficina Municipal de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
Denominación do proxecto: pavimentación de varias rúas en Aguiño (2ª fase).
Prazo de execución: cinco (5) meses.
Plan: municipal.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Forma: concurso.
Procedemento: aberto.
Tramitación: urxente.
4. Orzamento.
Prezo base de licitación: 38.068.380 pesetas (228.795,57 euros) (IVE incluído).
5. Garantías.
Provisional: 761.368 pesetas (4.575,91 euros).
Definitiva: o 4% do prezo en que resulte adxudicado o contrato.
6. Obtención de documentación e información.
Entidade: Concello de Ribeira.
Domicilio: praza do Concello, nº 1 Ribeira (A Coruña). C.P. 15960.
Teléfono: 981 83 54 17. Extensión 214.
Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.
7. Requisitos do contratista.
Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría b).
8. Presentación de ofertas.
Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de lici
tación no BOP da Coruña ou no DOG, das 9 ás 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.
Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.
Modelo de proposición: véxase o anexo II do prego de condicións.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
9. Apertura das ofertas.
Lugar: Casa do Concello de Ribeira.
Data e hora: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas, ás 12 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.
10. Gastos.
Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.
Ribeira, 2 de outubro de 2001.
José Luis Torres Colomer
Alcalde