Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia e 128 do Regulamento de planeamento faise público que o Concello Pleno, en sesión celebrada o 17 de setembro de 2001 prestou aprobación inicial ó Plan Xeral de Ordenación Municipal. O expediente de referencia queda sometido a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación do último dos anuncios oficiais, durante o dito período as persoas interesadas poderán examinalo nas oficinas municipais e presenta-las alegacións que estimen oportunas.

Por outra banda e segundo o disposto nos artigos 34 da Lei do solo de Galicia e 120 do Regulamento de planeamento no devandito acordo plenario declarouse a suspensión do outorgamento de licencias urbanísticas en todo o termo municipal agás as referidas a aquelas obras menores que non contradigan as determinacións do planeamento en tramitación.

Ribadeo, 18 de setembro de 2001.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde