Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (313/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 27 de setembro de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle na zona 8 do SU-15 do PXOU, promovido por José Senén Murias Taboada en representación propia e dos seus irmáns José Luis, Eduardo e María del Carmen, e Jesús Rodríguez Taboada en representación de Río Arenteiro, S.L.

2. Someter a información pública o dito proxecto polo prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no DOG, no BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Esta anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 8 de outubro de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde presidente