Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización do núcleo 01.05 D Argazada (expediente 4290/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 12 de xullo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do núcleo rural tradicional 01-05-D Argazada (Alcabre), redactado en xuño de 2001 polos servicios técnicos da Oficina de Planeamento da Xerencia Municipal de Urbanismo, cun orzamento total de execución material de 48.127.998 pesetas (expediente 4290/401).

Segundo.-Someter este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como mediante notificación individualizada ós propietarios afectados.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó da última publicación. O expediente está á disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 7 de setembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo