Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día lugar 27 de setembro de 2001 aprobou definitivamente o estudio de detalle para a ordenación do cuarteirón interior das rúas Almendra e Rubalcava sendo o teor do acordo o seguinte:

Visto o expediente de estudio de detalle para a ordenación do cuarteirón interior das rúas Almendra e Rubalcava. Resultando que por decreto da Alcaldía-Presidencia con data do 10 de xullo do ano en que andamos, aprobouse inicialmente o referido proxecto de estudio de detalle, que foi sometido a información pública regulamentaria dun mes, sendo exposto no taboleiro de anuncios do concello do 2 de agosto ata o 22 de setembro deste ano, publicado no periódico La Voz de Galicia do 9 de agosto de 2001 e no DOG nº 155, do 10 de agosto do corrente, prazo durante o cal non se presentaron alegacións. Polas razóns expostas, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras en sesión do 27 de setembro de 2001 en votación ordinaria e por unanimidade, estimou oportuno propoñerlle ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos: primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación do cuarteirón interior das rúas

Almendra e Rubalcava. Segundo.-Proceder a súa publicación regulamentaria.

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou esta resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de intepor directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 17 de xullo).

Ferrol, 4 de outubro de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde