Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 27 de setembro de 2001 aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do interior do cuarteirón no encontro das rúas Almendra e Rubalcava sendo o teor do acordo o seguinte:

A Alcaldía-Presidencia con data do 7 de agosto de 2001 aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do interior do cuarteirón no encontro das rúas Almendra e Rubalcava que foi sometido a información pública polo prazo dun mes, mediante publicacións no periódico La Voz de Galicia do 9 de agosto e no DOG nº 155, do 10 de agosto de 2001 e exposto no taboleiro de edictos do concello de 8 de agosto ata o 19 de setembro de 2001. Durante o período de exposición pública non se presentaron alegacións segundo consta no certificado do rexistro xeral. Polas

razóns expostas, a Comisión Informativa de Urbanismo en sesión do 27 de setembro de 2001, en votación ordinaria e por unanimidade estimou oportuno propoñerlle ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos. Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do interior do cuarteirón no encontro da rúas Almendra e Rubalcava coas condicións contidas no informe do enxeñeiro municipal con data do 26 de xullo de 2001. Segundo.-Publicar este acordo en cumprimento do preceptuado no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento. Non obstante, o pleno resolverá.

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou esta resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de intepor directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 4 de outubro de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde