Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 25 de setembro de 2001, aprobou o expediente de contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, da obra de rede de saneamento de Bergondo, tramo colector de Santa Marta de Babío e ramais, incluída na 7ª fase da anualidade 1999 do Plan 2000 de Protección do Medio Ambiente 1999-2000, da deputación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral-Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rede de saneamento de Bergondo, tramo colecto, de Santa Marta de Babío e ramais.

b) Lugar de execución: parroquias de Bergondo e de Santa Marta de Babío.

c) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 24.837.201 pesetas (IVE incluído) (149.274,58 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4 por 100 do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral-Servicio de Contratación do Concello de Bergondo.

b) Domicilio: estrada Coruña nº 12, 15165 Bergondo (A Coruña).

c) Teléfono: 981 79 12 52.

d) Telefax: 981 79 42 33.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día sinalado como último para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría D.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: en tres sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, que conterán a documentación esixida na cláusulas 12 e os anexos II e III do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Bergondo.

d) Prazo de validez da oferta: 3 meses, contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar na casa do concello, o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) ó do remate de prazo de presentación de proposicións, ás 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

Tódolos gastos correspondentes ós anuncios de licitación e adxudicación seán por conta do adxudicatario.

Bergondo, 28 de setembro de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde presidente