Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle da unidade de execución número 1. (Expediente 35/2001).

A Comisión de Goberno do Concello do Grove, en sesión realizada o 6 de setembro de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución nº 1 na avenida Hermanos Otero Goday, 23-25, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Francisco Sabell Salgués.

De conformidade co establecido nos artigos 121.1º e 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado estudio de detalle durante un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente encóntrase á disposición dos interesados nas oficinas da secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio do presente anuncio a notificación a aqueles propietarios descoñecidos de terreos afectados ou que, intentada a notificación, non se puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 12 de setembro de 2001.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde