Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente P-12/2001, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 22 de agosto de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-12/2001.

Denunciado: Jesús Cambiazo Ramil.

DNI: 33339462-L.

Enderezo: r/ Juana la Loca, nº 27-3º C. Lugo

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial con cana en día inhábil (luns non festivo), infrinxindo o disposto no artigo 7 da Orde do 24 de xaneiro de 2000 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia. Feitos constatados o día 19-2-2001, ás 15.30 h no río Miño-marxe esquerda-lugar ponte vella, estrada de Santiago. Lugo.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.