Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-11/2001, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguiente ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8 de xaneiro de 1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro por la vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

Lugo, 22 de agosto de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-11/2001.

Denunciado: Marcos Lugilde Flores.

DNI: 33337565-P.

Enderezo: r/ Poeta Aquilino Iglesias, nº 4-4º C. Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial con cana en día inhábil (luns non festivo), infrinxindo o disposto no artigo 7 da Orde do 24 de xaneiro de 2000 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia. Feitos constatados o día 19-2-2001, ás 15.30 h no río Miño-marxe esquerda-lugar ponte vella, estrada de Santiago. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.