Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente P-23/2001, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 22 de agosto de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-23/2001.

Denunciado: Juan Argerey Ríos.

DNI: 33860645-E.

Enderezo: avda. da Coruña, nº 213-4º esq. Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial con cana nun tramo especial de ciprínidos sen estar en posesión da preceptiva licencia de pesca en vigor. Feitos constatados o día 4-2-2001, ás 17.40 h no río Miño-marxe dereita. Lugo.

Precepto sancionador: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.