Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.564

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (267/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 267/2001, seguidos por instancia de Eva María Evangelina González Arias, contra a empresa Alfredo Sousa e Hijos, S.L. e outro sobre despedimento, se dictou auto que no encabezamento e parte dispositiva di:

«Auto.

Na cidade de Lugo, no 11 de setembro do ano 2001.

Parte dispositiva.

Non tendo procedido a empresa Alfredo Sousas e Hijos, S.L. á readmisión da traballadora demandante, como así se acordou en sentencia da data 26 de xuño de 2001, é procedente substituí-la obriga de readmitir por indemnización e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Alfredo Sousas e Hijos, S.L. e polo dito concepto a aboar á demandante a cantidade de novecentas mil catrocentas noventa e unha pesetas (900.491 pesetas).

Declárase extinta a relación laboral que unía a traballadora Eva María González Arias e a empresa Alfredo Sousas e Hijos, S.L. desde a data da presente resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días.

Así, por este meu auto, acórdao, mándao e asínao Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Alfredo Sousas e Hijos, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o 11 de setembro de 2001.

Rubricado