Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2001, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 2001-04-01 e tres máis.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto

refundido da Lei de contratos das administracións públicas, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 22 de febreiro de 2000, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, acordou darlle publicidade ás seguintes adxudicacións:

1. 2001-04-01: asistencia técnica para a realización dos traballos de análise, deseño, codificación, implementación, mantenemento e/ou instalación, configuración e administración de tódos aqueles elementos e/ou instalacións hardware e/ou software para a explotación en monoposto ou en rede que se requiran na xestión interna da Secretaría Xeral de I+D.

Declarado deserto por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de febreiro de 2001.

2. 2001-04-564: desenvolvemento do programa IDIPYME 2001 que ten como finalidade prestar servicios de titoría, formación e asesoramento a un grupo de empresas que non contan con experiencia suficiente na xestión de I+D+I.

Empresa adxudicataria: Soluziona Management Consulting, S.A., CIF: A15283.

Importe da adxudicación: 10.800.000 pesetas, dos que 5.550.000 pesetas corresponden á anualidade de 2001 e 5.250.000 pesetas á anualidade de 2002.

3. 2001-04-1195: contrato privado de seguro (póliza), para garanti-la prestación de asistencia sanitaria e seguro de accidentes ós bolseiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Empresa adxudicataria: Sanitas, S.A., CIF: A28037042.

Importe da adxudicación: 10.820.880 pesetas (2.910.040 pesetas con cargo á anualidade do ano 2001 e 7.910.840 pesetas con cargo á anualidade do ano 2002).

4. 2001-04-1258: asistencia técnica para o desenvolvemento do programa tecnolóxico que ten por finalidade dar cobertura ás universidades do Sistema Universitario Galego e organismos dependentes do CSIC establecidos en Galicia no proceso de detección e definición das tecnoloxías para a súa transferencia ó mercado, a partir dunha metodoloxía adecuada para tal proceso.

Declarado deserto por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de setembro de 2001.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2001.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento