Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión celebrada o día 4 de setembro de 2001, acordou o inicio do procedemento de tramitación do proxecto de compensación da unidade de actuación nº 50A, promovido por Ángel Martínez Vázquez, e redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez, procedéndose, en consecuencia, a efecta-las notificacións que sinala o artigo 102.4º da Lei 1/1997, e ó mesmo tempo somete lo á información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido presentándose nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren convenientes. (Expediente 42/2001.COM).

Ó mesmo tempo, suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación e edificación no ámbito da unidade de actuación nº 50A mentres o presente proxecto non sexa aprobado definitivamente.

Arteixo, 13 de setembro de 2001.

O alcalde

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde