O Pleno do Concello, en sesión do 22 de febreiro de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle do solo urbanizable non programado número 7 (SUNP-7) do Avío, promovido polo Instutito Galego da Vivenda e Solo.
De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 213, do día 15 de setembro de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.
Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2001.
Luís Toxo Ramallo
Concelleiro delegado de Urbanismo