Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de setembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, o arquivo da amortización anticipada da vivenda de promoción pública do expediente C-5-IV/75, conta 23.

Vista a solicitude do 28 de abril de 2000, presentada por José Roberto Ferreiro García.

Resultando que na data referida, José Roberto Ferreiro García solicitou autorización de amortización anticipada da vivenda de protección oficial identificada como expediente C-5-IV/75, conta 23.

Resultando que con data do 3 de xullo de 2000 a Dirección Xeral do IGVS acordou resolución favorable á dita solicitude, condicionándoa ó pagamento da cantidade correspondente no prazo de 15 días.

Resultando que con data do 31 de xullo de 2000 a Xefatura Provincial do IGVS na Coruña requeriu ó interesado para que no prazo de 15 días desde a recepción do escrito (25-8-2000) presentase documentación acreditativa do dito pagamento.

Resultando que ata a data o dito requirimento non foi atendido.

Considerando que o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administración públicas e procedemento administrativo común, na súa nova redacción, Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, dá por desistido o interesado da súa petición cando, requirido para isto, non corrixa a falta ou non forneza os documentos necesarios no prazo de 10 días.

Vistos os feitos e preceptos citados e demais de xeral aplicación.

Acordo o arquivo do expediente de amortización anticipada conforme o establecido polo artigo 42 da anticipada Lei de réximen xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, por desistencia de José Roberto Ferreiro García, por solicitude súa.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 11 de setembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefe de Área Provincial da Coruña