Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador, co número que se indica, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5 c) e 6 f) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.
Para a dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 700.000 ptas., sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.
Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, dáselle traslado ó interesado e concédeselle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que considere pertinentes. A presente proposta de resolución non é susceptible de recurso.
E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, de domicilio descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 11 de setembro de 2001.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
VP-C 16/01.
Alfredo Buján González.
R/ Anxeriz, 4, portal 2-1º A.
O Milladoiro-Ames.