Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de setembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, pola que se lles notifica ós interesados o acordo de incoación de expedientes sancionadores VP-C 20/01 e catro máis.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados o acordo de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 20/01 e catro máis, que se inician neste organismo por non destinaren a vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccions en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria dos expedientes a Clara Gómez Ruíz e Carmen Pombo Chans e concédenselles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para faceren as alegacións que crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de domicilio descoñecido, en cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 11 de setembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 20/01.

Susana Freire Miramontes.

R/ París, 23, R-6.2, portal F, 1º C.

Polígono das Fontiñas.

Santiago de Compostela.

VP-C 39/01.

Amable Rivas Cupeiro.

R/ Pintor Bello Piñeiro (esq. a r/ Fontaíña).

Edificio Bello Piñeiro, portal 2-1º derta.

Ferrol.

VP-C 41/01.

Narciso Jiménez Jiménez.

R/ Roma, escaleira A-1º C.

Polígono das Fontiñas.

Santiago de Compostela.

VP-C 44/01.

José Sierra Doce.

R/ Cabanas, 33-2º B.

As Pontes de García Rodríguez.

VP-C 45/01.

Mª José García López.

R/ Cabanas, 33-3º D.

As Pontes de García Rodríguez.