Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de incendios relacionados no anexo, de referencia OU 141/01 IN e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan a resolución do expediente sancionador por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes a contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 12 de setembro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último domicilio

coñecido

Feito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

OU 141/01 INJosé Luis Álvarez Quintas

34.947.870

Avd. Buenos Aires, 80

32004 Ourense

Abandono de vehículo OR-2121-BArt. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

OU 164/01 INJosé Antonio Almarza González

10.048.195

Rañadero, 9

24400 Ponferrada (León)

Abandono de vehículo LE-57937Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

OU 167/01 INJosé Luis Dobarro

34.992.035

Rúa Uruguay, 2

32500 O Carballiño (Ourense)

Abandono de vehículo OR-6171-EArt. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000