Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Vilar.
Situación: Chandrexa de Queixa.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 131 m de lonxitude, derivada da L.M.T. ó C.T. de Taboazas e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V en Vilar. Redes de baixa tensión derivadas ó C.T.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 5 de setembro de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense