Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Gallega de Empresas de Auxilio en Carretera (AGEAC).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 22 de agosto de 2001, a acta da reunión da xunta directiva que tivo lugar en Noia o día 27 de xuño de 2001, expedida polo secretario da devandita asociación, Eduardo Y. Fraga Freire, na que se reflicten os acordos acadados, entre eles, o que fai referencia ó cambio do domicilio social, que pasa a ser avenida San Rosendo, nº 40, 1º B, Celanova (Ourense).

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais