Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Faramontaos.
Situación: Xinzo de Limia.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 178 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 8 da L.M.T. ó C.T. de Seoane e remata no C.T. proxectado aéreo en Faramontaos, con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión derivadas dos CC.TT. aéreo e en caseta de Faramontaos.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 5 de setembro de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense