Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.516

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 19 de setembro de 2001 pola que se dictan as normas para a uniformidade dos voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

No ano 1991 creouse o Rexistro de Asociacións e Agrupacións do Voluntariado de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia no que debían estar inscritas todas aquelas agrupacións que quixeran integrarse no sistema autonómico de protección civil.

Por Resolución do 14 de febreiro de 1994, da antiga Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente dictáronse as normas para o uso da vestimenta e homologouse o uniforme de protección civil na Comunidade Autónoma de Galicia.

O avance experimentado na organización de mecanismos de intervención e actuación en materia de protección civil tanto por parte da Administración como dos voluntarios co aumento de agrupacións de voluntarios e novas actividades demandan unha actualización da normativa autonómica que regula a uniformidade do voluntario de protección civil, diferenciando uniforme de traballo, paseo e gala.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O obxecto desta orde é a normalización da uniformidade do voluntariado das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, inscritas no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, no exercicio de actuacións de colaboración nesta materia coa Xunta de Galicia.

Artigo 2º

A uniformidade dos voluntarios de protección civil estará constituída por varios modelos de uniforme, tendo en conta as diferentes circunstancias nas que desenvolven as súas funcións: uniforme de faena ou traballo, de diferentes modalidades; uniforme de paseo e uniforme de gala.

Artigo 3º

1. As pezas que formarán parte de cada un dos modelos de uniforme indicados no anterior artigo, serán as indicadas no anexo I desta orde.

2. As características das pezas, o tipo do tecido e do material reflectante que compoñen cada un dos

uniformes dos que consta a vestimenta dos voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, indícanse nos anexos II, III e IV desta orde.

As pezas, que por disposición legal así o requiran, cumprirán a norma harmonizada EN 471 sobre roupa de protección de alta visibilidade.

Artigo 4º

Os voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia han de estar debidamente uniformados conforme o indicado nesta orde, durante a realización dun servicio de protección civil ou cando as circunstancias da súa actuación así o requiran.

Artigo 5º

As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil serán as responsables últimas, ante a Administración autonómica, do cumprimento das disposicións desta orde.

O incumprimento desta norma de uniformidade por parte das agrupacións implicará a imposibilidade de acceder ou beneficiarse das axudas e subvencións outorgadas pola consellería con competencia en materia de protección civil.

Disposición transitoria

Primeira.-No prazo de catro anos, a partires da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil adecuarán a uniformidade dos seus voluntarios ó disposto nela.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada expresamente a seguinte disposición:

Resolución do 14 de febreiro de 1994, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, pola que se dictan normas para o uso da vestimenta e a homologación do uniforme de protección civil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

Primeira.-Facúltase o director xeral de Interior e Protección Civil, para dicta-las directrices que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

ANEXO I

Relación de pezas dos uniformes dos voluntarios de Protección Civil

-Uniforme de faena ou de traballo, nas modalidades de uso habitual ou de uso no Plan Sapraga (Plan de Salvamento en Praias de Galicia).

* De uso habitual:

Anorak chuvasqueiro.

Botas.

Camisa de faena.

Cinto.

Funda de faena.

Gorra.

Xersei.

Pantalón chuvasqueiro.

Pantalón de faena.

Peto.

Polo.

* De uso no Plan Sapraga:

Bañador (home/muller).

Camiseta sen colo.

Calcetíns.

Cazadora chándal.

Gorra tipo viseira.

Pantalón curto (home/muller).

Polo.

Tenis.

-Uniforme de paseo:

Boina.

Calcetíns azuis.

Camisa branca.

Cinto.

Gravata.

Xersei de pico.

Pantalón de pinzas.

Pasador de gravata.

Zapatos.

-Uniforme de gala:

Calcetíns azuis.

Camisa branca.

Gravata.

Cinto.

Chaqueta.

Gorra de prato de formato náutico.

Luvas brancas.

Pantalón de pinzas.

Zapatos.

ANEXO II

Características das pezas compoñentes

do uniforme dos voluntarios de Protección Civil,

nas súas variedades de faena, paseo e gala

1. Uniforme de faena.

a) Uso habitual.

* Anorak chuvasqueiro, figura nº 1, material tex impermeable, transpirable, de longo tres cuartos, de

cor laranxa, con abertura dianteira e tapa de peche frontal, peche de cremalleira e o da tapa de corchetes ou cinta de pegar a dúas caras, axuste interior en puños de goma. Cumprirá a normativa EN 471 e contará con:

Forro polar interior desmontable con mangas desmontables e escudos igual ó anorak.

Dous petos laterais exteriores baixos, co peche de cremalleira, velcro ou corchetes, con lapela horizontal protectora de auga.

Franxas reflectantes dobres de 5 cm, que irán colocadas á altura do peito, na parte inferior do anorak, no antebrazo e na boca manga.

Carapucha pregable, tapada co sistema estanco.

Escudo da agrupación na parte superior esquerda do peito.

Escudo de Galicia na parte superior do antebrazo esquerdo.

Nas costas, parte superior, porá «Protección Civil», en tecido reflectante de dimensións 30x10 cm.

* Botas tipo militar de cor negra, de media cana, con amallós e sen fibelas, de coiro cosido e piso de goma antiesvarante. Cumprirán a normativa S 3.

* Camisa de faena de manga longa de cor laranxa, os puños, colo, ombreiras e tapas dos petos de cor azul. Contará con:

Dous petos na parte superior dianteira, con tapa.

Escudo da agrupación no peto esquerdo.

Escudo de Galicia na parte superior da manga esquerda.

* Cinto de faena de lona de cor azul, enganche rápido metálico tipo cinguidor, con buratos de porteo.

* Funda de faena, figura nº 2, de tecido ignífugo que cumpra a norma 470-1 e a EN 531, cor laranxa, peche con cremalleira de dobre apertura superior e inferior e bocamanga axustable. Contará con:

Petos inferiores laterais dianteiros e traseiros.

Peto na parte superior esquerda do peito con lapela e peche mediante cremalleira ou velcro.

Franxas reflectantes dobres de 5 cm de material ignífugo no peito, costas, antebrazos e parte inferior da perneira.

Escudo da agrupación na parte superior esquerda do peito.

Escudo de Galicia na parte superior do antebrazo esquerdo.

Nas costas, parte superior poñerá, «Protección Civil».

* Gorra de tipo baseball, cor azul mariño escura en tecido transpirable, con forro interior e semirríxido na parte frontal onde irá o escudo da agrupación.

* Xersei de cor azul, colo aberto con cremalleira que contará cunha lapela interior de protección, tecido de fibra polar tex con reforzos nos cóbados e nos ombreiros de cor azul. Contará con:

Franxa de 1 cm, de cor laranxa na parte superior do antebrazo esquerdo.

Escudo da agrupación na parte superior esquerda do peito.

Escudo de Galicia na parte superior do antebrazo esquerdo.

Galoneiras nas ombreiras.

* Pantalón chuvasqueiro, figura nº 3, de cor laranxa, tecido tex impermeable e transpirable con elástico na cintura e franxas dobres reflectantes de 5 cm, na parte inferior de ámbalas dúas perneiras (normativa EN 471).

* Pantalón de faena de cor azul escura, con presillas para o cinto e reforzos nas zonas de máximo desgaste. Contará con:

Seis petos, distribuídos da seguinte maneira: dous na parte posterior, dous laterais interiores e dous laterais pegados tipo cartucheira.

* Chaleco, figura nº 4, de material reflectante que cumpra a normativa EN 471, de cor laranxa. Contará con:

Franxas reflectantes dobres de 5 cm, a diferentes alturas en peito e lombo.

Na franxa reflectante superior do lombo poñerá «Protección Civil».

Escudo da agrupación na parte superior esquerda do peito.

* Polo, cor laranxa, con colo e bordo da bocamanga de cor azul e cunha franxa de 1 cm de cor azul no contorno. Contará con:

Escudo da agrupación na parte superior esquerda do peito.

Escudo de Galicia na parte superior da manga esquerda.

b) Uso Plan Sapraga.

* Bañador (home/muller).

* Camiseta de algodón 100%, sen colo e de cor laranxa. Contará con:

Escudo da Xunta de Galicia na parte superior esquerda do peito.

No lombo e en semicírculo, «Salvamento en Praias Galicia», «Emerxencias 112».

* Calcetíns de algodón 100% e de cor branca.

* Cazadora tipo chándal de cor laranxa, con cremalleira e puños elásticos.

Escudo de Protección Civil da Xunta de Galicia na parte superior esquerda do peito.

* Gorra de viseira de cor laranxa.

* Pantalón curto, home/muller cor azul mariño e de pinzas.

* Polo, con colo de algodón 100% de cor laranxa. Contará con:

Escudo de Protección Civil da Xunta de Galicia, na parte superior esquerda do peito.

No lombo e en semicírculo, «Salvamento en Praias Galicia», «Emerxencias 112».

* Calzado deportivo de cor branca.

2. Uniforme de paseo.

* Boina de cor azul, con escudo a cores de Protección Civil da Xunta de Galicia, en metálico.

* Calcetíns finos de cor azul mariño.

* Camiseta branca de colo curto e sen botóns, con ombreiras brancas e galoneiras, peto na parte superior do lado esquerdo do peito co escudo da agrupación e escudo de Galicia na parte superior da manga esquerda.

*Cinto de peche rápido de plástico, co escudo de Galicia en cor.

*Gravata en cor azul mariño.

* Saia de cor azul, recta con abertura traseira.

* Xersei de cor azul mariño, colo de pico e de punto fino. Contará con:

Escudo da agrupación na parte superior esquerda do peito.

Escudo de Galicia na parte superior da manga esquerda.

* Medias, en cor escura.

* Pantalón de pinzas e de cor azul mariño, con presillas largas de botón, tapeta en petos traseiros con botón e petos laterais cortados.

* Zapatos, tipo uniforme de punteira redondeada, cor negra, con amallós, para o persoal feminino sen amallós, e piso de goma con debuxo.

3. Uniforme de gala.

* Calcetíns, camisa, gravata, cinto, pantalón e zapatos serán igual ó indicado para o uniforme de paseo.

* Chaqueta de traspaso sen aberturas, en cor azul e con dobre fila de catro botóns dourados co escudo de Galicia. Peto na parte superior esquerda do peito, no que irá bordado o escudo da agrupación e dous petos laterais con tapa. Na boca manga levará tres botóns dourados e na manga esquerda na parte superior o escudo de Galicia, bordado. Galoneiras cos distintivos bordados correspondentes ós do usuario.

* Gorra de prato de formato náutico.

* Luvas brancas.

ANEXO III

Características do tecido e pantone da cor

das diferentes pezas de que consta o uniforme

do voluntario de protección civil

* Tecido.

-Uniforme de faena:

Anorak e pantalón chuvasqueiro de tex (impermeable e transpirable).

Camisa de faena, mínimo do 65% algodón e 35% poliéster.

Funda, ignífugo 50% viscosa FR, 43% nomex, 5% revlar e 2% P140.

Pantalón de faena 65% algodón e 35% poliéster.

Polo de faena 50% algodón e 50% poliéster.

-Uniforme do Plan Sapraga.

Bañador de muller, acrílico.

Camisa e polo, 100% algodón.

Cazadora, exterior 100% de poliamida e forro interior 100% algodón.

Pantalón curto, sarga gabardina, 50% algodón e 50% poliéster.

-Uniforme de paseo:

Camisa, 50% algodón e 50% poliéster.

Pantalón, sarga 55% poliéster e 45% la.

-Uniforme de gala:

Chaqueta, sarga 55% poliéster e 45% la.

* Cores. Pantone

Anorak e pantalón chuvasqueiro, laranxa.

Pezas que a súa cor teña que ser laranxa, será: laranxa 165C

Pezas que a súa cor teña que ser azul ou que esta cor teña que estar presente nelas, será: azul mariño noite.

ANEXO IV

Requisitos fotométricos e propiedades físicas

dos materiais reflectantes

Requisitos fotométricos e propiedades físicas dos materiais retrorreflectores. Resistencia á tracción segundo o método de Touque:

-Urdime: 31,5 kg min.

-Trama: 15,5 kg min.

Resistencia á temperatura. Por contacto, mínimo 250.

Coeficiente de retrorreflexión.

Ángulo de incidencia

Ángulo de observación20º30º40º

0,2º3029018065

0,33º25020017060

25151210

1,5º10754

O material mostra unha sensibilidade á orientación menor a un 1%.

Os requisitos de retrorreflexión despois da exposición ós ensaios corresponden ós recollidos na norma harmonizada EN 471.

Características do tecido reflectante para a funda de faena (resistente ás lapas):

* Estará constituída por lentes de vidro de alta resistencia adheridos, mediante unha capa especial de polímero, a un tecido soporte resistente ás lapas e de alta duración (100% FR algodón). Homologado coa norma EN 533.

* Alto rendemento de acordo á norma EN 471 (roupa de sinalización de alta visibilidade).

* Alto rendemento segundo a norma EN 469 (roupa de protección para a loita contra o lume).

* Resistente a 50 ciclos de lavado doméstico a 60ºC de acordo co establecido en EN 471.

* Resistente a 25 ciclos de lavado doméstico a 90ºC segundo o establecido en ISO 6330 Método 1 A sen perborato sódico.