Por este edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración tributaria ou a que as persoas autorizadas pola lexislación para se facer cargo das notificacións alegaron distintas causas para non as recolleren, faise sabe-lo seguinte:
Notifícaselles ós debedores, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), que, non tendo sido satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o órgano competente arriba indicado acordou:
En uso das facultades que me confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías do/s debedor/es, en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento.
Málaga, 17 de agosto de 2001.
Xefe da Dependencia de Recadación de Málaga
P.S.
Rubricado
ANEXO
Datos do contribuínte: 25648827D. Jiménez Jiménez, Antonio, r/ S. Rafael, 20, Fuengirola.
Concepto/descrición/obx. trib.: trans. exp.: 1999/06781. Liq.: 60090007.
Clave liquidación: C1100000360211346.
Importe: 34.488.
Data prov. constr.: 13-3-2001.
Recursos.
Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó do recibo desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.
Motivos da impugnación.
O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).
-Pagamento ou extinción da débeda.
-Prescrición.
-Aprazamento.
-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión dela.
-Defecto formal no título expedido para a execución.
Suspensión do procedemento.
O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro).
Solicitude de aprazamento.
Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo.
A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da AEAT do territorio en que se deba efectua-lo pagamento.
Lugar de pagamento.
Na entidade que presta o servicio de caixa da Delegación de Administración da AEAT.
Xuros de demora.
As cantidades debidas, excluída a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.
Custas.
En caso de se produciren custas no procedemento, a Administración cargaralle o seu importe ó debedor,
conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.
Prazos para efectua-lo ingreso.
Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación.
a) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes ou inmediatamente hábil posterior.
b) Recibida a notificación entre os días 16 e último de cada mes, ata o 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.
Comparecencia en forma do interesado.
Advírteselle ó debedor que pode comparecer, en por si ou por medio de representante, no expediente executivo que se segue contra el. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparecer en forma o interesado, terase por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.