Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE VERÍN

EDICTO sobre convocatoria de concurso de subministración de dous vehículos tractores con rozadora.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 35/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración en lote único de dous vehículos tractores con rozadora para a prestación do servicio mancomunado de preven

ción e extinción de incendios forestais na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

b) Lugar: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

c) Prazo da subministración: quince días naturais seguintes ó da notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: 28.000.000 de pesetas (168.283,39 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento do contrato, incrementada co 4% do orzamento das melloras ofertadas, no seu caso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

b) Domicilio: praza do Concello, 1.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 988 41 46 00.

e) Fax: 988 41 19 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o oitavo día natural (8 días naturais) desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se coincidise en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural (8 días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrerá as ofertas: as proposicións por medio das que se concorra á contratación da subministración convocada presentaranse conforme o establecido na cláusula novena das do prego que rexe a contratación da subministración.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base décimoprimeira das de contratación.

b) Aprobación do expediente de contratación: acordo da asemblea da mancomunidade do 5-10-2001.

c) Consulta de documentación: secretaría da mancomunidade.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 6 de outubro de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín