1. Obxecto do contrato: a execución das obras de pavimentación de vías públicas.
2. Prazo do contrato: 4 meses.
3. Prezo do contrato: 53.710.000 pesetas.
4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 1.074.200 pesetas.
O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.
5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios no BOP ou no DOG.
Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.
As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.
Vilagarcía de Arousa, 13 de setembro de 2001.
Joaquín J. Gago López
Alcalde