Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno o prego de condicións económico-administrativas que rexerá a contratación por concurso, procedemento aberto e tramitación urxente, da seguinte obra: pavimentación O Cristo-Casal e Lago, PAM 2001.

Queda exposto ó público durante oito días contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no DOG ou BOP co obxecto de oír reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase o concurso e adiarase a licitación se se formular reclamación contra o prego de condicións.

-Entidade adxudicadora: Comisión de Goberno.

-Obxecto: pavimentación O Cristo-Casal e Lago.

-Garantías: provisional 2% e definitiva 4%.

-Lugar e prazo de presentación de proposicións: secretaría do concello durante os trece días naturais contados desde o seguinte á publicación deste anuncio.

-Apertura de ofertas: o día seguinte hábil, excepto sábados, ó da finalización de presentación de proposicións.

Prego de condicións e máis información na secretaría do concello.

Moaña, 29 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado