Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (667/2001).

De conformidade co disposto no artigo 79 do TR da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación polo Concello de Marín da subministración de material informático para dependencias municipais.

1. Obxecto: subministración de material informático para dependencias municipais.

2. Prezo do contrato: 3.731.140 pesetas (IVE incluído), (22.424,6 euros).

3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

4. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, en horas de 9 a 14 agás o sábado que será de 9 a 13 horas durante o prazo de quince días naturais (15), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

(Tomarase en conta para estes efectos a derradeira publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións deste concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares que estan á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B que conterá a proposición económica, abrirase na Sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 13 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado celebrarase ó día seguinte hábil á mesma hora.

Marín, 1 de outubro de 2001.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde