Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTISO

ANUNCIO de poxa.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Santiso (A Coruña).

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: execución da obra Museo da Natureza, incluída no Plan 2000 de protección do medio ambiente.

3. Tipo de licitación: o tipo de licitación é de 25.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4. Prazo de execución: seis meses.

5. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

6. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do prezo da adxudicación.

7. Clasificación do contratista: deberán acreditar clasificación: grupo C, subgrupos 2, 3 e categoría c.

8. Presentación de proposicións: data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte á publicación do último anuncio de licitación , ben sexa no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, en horas de 9 a 13 e en dous sobres pechados e coa documentación, requisitos e modelo de proposición esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares da Deputación Provincial da Coruña, publicados no BOP nº 78, do 4 de abril do 2001.

9. Apertura de plicas: a apertura de plicas será ás trece horas do quinto día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación das proposicións. Se coincide en sábado, celebrarase o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Santiso, 7 de setembro de 2001.

O alcalde-presidente

Rubricado