Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.496

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DE VIGO

EDICTO (300/1990).

Mercedes Cosmen del Riego, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número un de Vigo, fai público que neste xulgado e co nº 300/1990 se tramita procedemento de xuízo executivo por instancia da Caixa de Aforros e Monte de Piedade Municipal de Vigo contra José Mayo Mayo, Fernando Belloso Villanueva e María del Carmen Laguna Hidalgo, nos cales

se dictou sentencia que no encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«En Vigo, no trinta de xullo de dous mil un.

Emma González Rodríguez, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número un de Vigo, tendo visto os autos seguidos neste xulgado ó número 300/1990 por instancia da Caixa de Aforros e Monte de Piedade Municipal de Vigo, representada polo procurador Ticiano Atienza Merino, baixo a dirección do letrado José Luis Franco Grande, contra José Mayo Mayo, representado pola procuradora Purificación Rodríguez González, baixo a dirección da letrada María Amparo Cruz Vázquez, Fernando Belloso Villanueva e María del Carmen Laguna Hidalgo, declarados en rebeldía.

Decido que, desestimando as excepcións opostas, mándase seguir adiante a execución contra José Mayo Mayo, Fernando Belloso Villanueva e María del Carmen Laguna Hidalgo, fixando en 303.757 pesetas a cantidade que este debe como debedor solidario á executante máis os xuros producidos pola mesma débeda desde o 19 de marzo de 1996, calculados ó tipo de demora pactado.

Con expresa imposición de custos ó devandito demandado.

Contra a presente sentencia poderase interpor recurso de apelación ante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da súa notificación en legal forma».

Dado en Vigo no dez de setembro de dous mil un.

O secretario

Rubricado