Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.496

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (260/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 260/2001, seguidos por instancia de Manuel Andrade Villar, contra a empresa Talleres Meilán, S.L. e outros, sobre cantidade, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositva di:

«Sentencia. En Lugo, no once de setembro do ano dous mil un. Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo os presentes autos de xuízo verbal nº 260/2001, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante Manuel Andrade Villar, asistido do letrado Germán Vázquez Díaz e como parte demandada a empresa Talleres Mei

lán, S.L., a cal non compareceu a pesar de estar citada en legal forma.

Decido que, estimando a demanda interposta por Manuel Andrade Villar contra a empresa Talleres Meilán, S.L., debo condenar e condeno a empresa citada a aboar ó demandante a cantidade de catrocentas corenta e seis mil catrocentas corenta e dúas pesetas brutas (446.442 pesetas), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados da presente resolución. Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela, cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozar do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso

de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións nº 2322-69-nº de autos 260/2001, que este xulgado do social ten aberta no Banco de Bilbao-Vizcaya, desta cidade, r/ da Reina, nº 1, a cantidade obxecto da condena. A consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O comprobante da consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará so a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 25.000 pesetas, establecido para esta clase de recursos, que se deberá constituír na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 260/2001 do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debéndose entrega-los comprobantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso,

caso de se-la empresa demandada condenada que o interpuxer, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal. Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentencia definitiva. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado. Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, cando se achaba a celebrar audiencia pública no día da súa data, o que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Talleres Meilán, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o once se setembro de dous mil un.

O secretario

Rubricado