Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.496

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (2/2001).

Marta de Vicente Gutiérrez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co nº 2/2001, se acordou, por Resolución do 11 de setembro de 2001, a citación de Manuel Castiñeiras Pérez, mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña, e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 2/2001, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Manuel Castiñeiras Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 8 de novembro ás 10 horas compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, se non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, once de setembro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado