Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.495

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 1 de outubro de 2001 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan. (Cuntis e quince máis).

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 26 de xuño de 2001 (BOE do 5 de xullo) e, de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial; o decreto da Xunta de Galicia 161/2000, do 29 de xuño, modificado polo Decreto 120/2001, do 10 de maio, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los notarios que a seguir se relacionan para prove-las notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

1. José María Gamallo Aller, notario de Cuntis-3ª, para a notaría de Castro de Rei.

2. María Isabel Louro García, notaria de Ribadavia-3ª, para a notaría de Redondela.

3. Manuel Mariño Vila, notario de Medina de Pomar-3ª, para a notaría de Fene.

4. María del Carmen Piñeiro Pena, notaria de Ponteceso-3ª, para a notaría de Bueu.

5. Luis Rajoy Brey, notario de Ourense-1ª, para a notaría de Vigo.

6. Nelson Rodicio Rodicio, notario da Estrada-2ª, para a notaría da Coruña.

7. Ángel Manuel Rodríguez Dapena, notario de Forcarei-3ª, para a notaría de Celanova.

8. María José Rodríguez Touron, notaria de Monforte de Lemos-2ª, para a notaría de Ourense.

9.Fátima Vázquez Espierrez, notaria de Silleda-3ª, para a notaría de Santa Comba.

10. Manuel Cañas Navarro, notario de oposición, para a notaría de Castroverde.

11. Rubén Ferreiro Casillas, notario de oposición, para a notaría de Bande.

12. María Gema López Riesco, notaria de oposición, para a notaría de Viana do Bolo.

13. Elena Luaces López, notaria de oposición, para a notaría de Monterroso.

14. Patricia Posse Paz, notaria de oposición, para a notaría de Palas de Rei.

15. Pilar Saltó Saura, notaria de oposición, para a notaría de Outes.

16. Fernando María Sánchez-Arjona Bonilla, notario de oposición, para a notaría de Ortigueira.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais