Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da subministración de vestiario para o persoal do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación. Nº de expediente: 14470/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de vestiario para o persoal do Concello de Vigo.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: si, sete lotes.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: Lote 1: 5.660.510 pesetas ou 34.020,35 euros. Lote 2: 6.750.123 pesetas ou 40.569,06 euros. Lote 3: 6.819.540 pesetas ou 40.986,26 euros. Lote 4: 12.845.502 pesetas ou 77.203,02 euros. Lote 5: 6.733.502 pesetas ou 40.469,16 euros. Lote 6: 32.569.900 pesetas ou 195.749,04 euros e lote 7: 4.025.210 pesetas ou 24.192 euros.

5. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación do lote polo que licite.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: 12-11-2001.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 12-11-2001.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do 13-11-2001.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Vigo, 20 de setembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde