Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto para a redacción do proxecto e execución das obras de construcción do auditorio e peche do predio no centro cívico de Teis en Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: concello de Vigo. Dependencia: Participación Cidadá, nº expediente 1507/320.

2. Obxecto do contrato: descrición: redacción do proxecto e realización das obras de construcción de auditorio no Centro Cívico de Teis e execución das obras do proxecto de peche do dito centro.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 2 meses para a redacción do proxecto e 6 meses para a execución da obra.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 93.000.000 de pesetas (558.941,26 euros).

5. Garantías: provisionais: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría D.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatarios.

Vigo, 25 de setembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde