Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

EDICTO.

Aprobado inicialmente por Decreto da alcaldía do 4 de outubro de 2001, o Plan parcial do solo industrial do monte Afieiras, redactado pola empresa OF.P.-90, S.L., e de conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, computándose este período desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas interesadas poidan examina-lo seu contido nas oficinas xerais, e presenta-las alegacións ou observacións que coiden convenientes.

Moraña, 8 de outubro de 2001.

José A. Eiras Paz

Alcalde