Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-416).

Por resolución da Alcaldía nº 4855/2001, do 19 de setembro de 2001, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización relativo ó SUNP A-45-R O Carballo III, no Carballo-Nós, tramitado por Inmobiliaria Camilatxi, S.A.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do devandito expediente nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se coiden oportunas.

Oleiros, 1 de outubro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta