Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello de Miño, en sesión do día 4 de outubro de 2001, o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Miño, queda

aberto o prazo de información pública, durante o prazo dun mes, desde a última publicación deste anuncio no BOP, Diario Oficial de Galicia e xornais La Voz de Galicia e El Ideal Gallego, para que se poidan presenta-las alegacións que se coiden procedentes.

A teor do que dispón o artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, queda suspendido o procedemento de outorgamento de licencias, naquelas zonas nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, nos termos sinalados no artigo 34 da lei citada, segundo se reflicte no plano correspondente do expediente.

Miño, 4 de outubro de 2001.

Deogracias Romeu López

Alcalde