Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno acordou aproba-los trámites para a adxudicación do concurso aberto da obra de saneamento Gondoriz-Vilatuxe POL-2001. Para o efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que se expón xunto con este edicto polo prazo de catro días para reclamacións e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:

Entidade adxudicadora.

Concello de Lalín. Praza do Concello nº 1 (36500) Lalín (Pontevedra). Teléfono: 986 78 70 60. Fax 986 78 20 42.

Obxecto.

Obra: saneamento en Gondoriz-Vilatuxe (POL-2001).

Importe: 13.187.428 pesetas (IVE incluído).

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Clasificación do contratista.

Grupo E, subgrupo 1, categoría C.

Exame do expediente.

Os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horas de oficina, de luns a venres, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións.

Esta anuncio publicarase no DOG e no BOP. As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, dentro do prazo de trece días naturais, que comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a última publicación dos devanditos anuncios; en horario das nove ás catorce horas e na forma establecida no prego de condicións. Se o último día do prazo fose festivo, este rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás doce horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos, considéranse os sábados como días inhábiles.

Lalín, 3 de setembro de 2001.

O concelleiro delegado do Rural

Rubricado