Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

EDICTO.

Por resolución da Alcaldía nº 549/2001, do 17 de setembro, aprobouse definitivamente o cambio de sistema de actuación de expropiación, polo de compensación da zona A Longueira SAU R-3.

Contra a anterior resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio, conforme o artigo 46.1º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa. Poderá, non obstante, interpoñerse, con carácter previo e potestativo, recurso

de reposición ante o mesmo órgano que a dictou desta Administración, conforme a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (artigos 116 e 117), no prazo dun mes, contado tamén desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Bergondo, 28 de setembro de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente