Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno de data 6 de agosto de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto da unidade de execución nº 16 situado no Temple de urbanización, presentado por Avelino López Camba, en representación de Epaat, S.L., e elaborado polo arquitecto Rafael Pier Romero.

O que se fai público, para xeral coñecemento. O expediente sométese á información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado nas oficinas de urbanismo deste concello.

Cambre, 4 de outubro de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde