Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.423

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (491/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 491/2001, seguidos por instancia de Manuel Andrade Villa e outro contra a empresa Talleres Meilán, S.L. e outro sobre extinción contractual, foi dictada a sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«Sentencia. En Lugo, o vintecatro de xullo do ano dous mil un. Vistos, por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal nº 491/2001, sobre extinción contractual, no que son partes como demandantes Manuel Andrade Villar e Manuel María Gallego Sandar, asistidos do letrado Germán Vázquez Díaz e como demandados José Villar Aira, asistido do letrado Jesús Antonio Amarelo Fernández, non comparece a empresa Talleres Meilán, S.L., a pesar de estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda sobre resolución de contrato deducida por Manuel Andrade Villar e Manuel María Gallego Sandar, contra a empresa Talleres Meilán, S.L., debo declarar e declaro extinguida por vontade dos traballadores a relación laboral que os vinculaba coa citada empresa, desde a data da presente resolución, así como o dereito a percibir unha indemnización respectiva de sete millóns cento setenta mil oitocentas trinta e seis pesetas (170.836 pesetas) e sete millóns setecentas unha mil duascentas corenta e seis pesetas (7.701.246 pesetas), condenando a patronal accionada ó seu respectivo aboamento a favor dos demandantes. Téñense por desistidos os demandantes da demanda respecto de José Villar Aira.

Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no seu artigo 228, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións nº 2322-69, número de autos 491/2001, que este xulgado do social ten aberta no Banco de Bilbao Vizcaya desta cidade, rúa da Raíña, nº 1 a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade

solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que

deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas prevido para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta número 2322-65, número de autos 491/2001, do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado, ó tempo de interpoñe-lo recurso, caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación.

Lida e publicada foi a anterior sentencia pola maxistrada que a subscribe, atopándose celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu secretario certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Talleres Meilán, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o catro de setembro de dous mil un.

Rubricado