Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación do servicio da rede corporativa de voz e datos da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora: Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, Casa da Radio, teléfono 981 54 52 58, fax 981 54 52 74, 15704 Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. Prazo de execución: a duración do contrato será de 2 anos, contados a partir do día seguinte á sinatura do contrato.

4. Orzamento total: o concurso divídese en cinco lotes. O orzamento previsto en pesetas e en euros

(IVE Incluído) para o primeiro e segundo ano é o seguinte:

Ano 2001Ano 2002Total

Lote 1198.004.250956.569.1721.154.573.422

Lote 219.503.39878.013.58897.516.986

Lote 3 -Escenario A113.993.168455.972.658569.965.826

-Escenario B (*)102.944102.944

Lote 429.194.610116.778.424145.973.034

Lote 59.972.28839.889.15249.861.440

Total pesetas370.667.7141.647.222.9942.017.890.708

Total euros2.227.757,839.900.009,5812.127.767,41

(*) Este é o custo máximo por liña para o escenario B do lote 3. O importe total variará en función do número final de liñas contratadas nesta modalidade.

5. Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes:

Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática, edificio administrativo de San Caetano, Casa da Radio, teléfono 981 54 52 58, fax 981 54 52 74, 15771 Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

A documentación poderá solicitarse na copistería Copy Nino, na rúa Xeneral Pardiñas 2, Santiago de Compostela, teléfono 981 58 89 38, mediante o aboamento do importe que corresponda.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=758

6. Garantías esixidas: consistirá no 2% do orzamento de licitación de cada lote.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8.a) Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de Contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 22 de novembro de 2001.

No exterior dos sobre expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio da rede corportativa da Xunta de Galicia, que presenta..., no nome... (propio ou da entidade que representa)».

b) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

9.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 27 de novembro de 2001 no salón grande da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), a partir das 12 horas.

10. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver punto 10 do prego de prescricións técnicas e o punto 3.2º do prego de cláusulas administrativas.

11. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

12. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa:

13. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 2 de outubro de 2001.

14. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 2 de outubro de 2001.

15. Anuncios: o importe do anuncio da pesente resolución nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2001.

P.D.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública