Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2001 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: realización das obras de reparación de cuberta nos polideportivos de Lamas de Abade e Santa Isabel por danos do temporal 2000-2001.

Tipo de licitación: 30.939.231 pesetas (185.948,52 euros), IVE incluído.

Prazo de execución: 3 meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 7, categoría d.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27. Recollida de documentación: Copy Nova, rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de condicións económico-administrativas.

Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2001.

O alcalde

Rubricado