Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do concello, na sesión que tivo lugar o día 30 de xullo de 2001, aprobou inicialmente os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación da área de execución número 2 (AE-2) do PERI do Vieiro, promovidos Manuel Ginarte Cabada.

De conformidade co disposto nos artigos 102, que remite ó 133.4º, da Lei 1/1997 do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

O texto íntegro dos estatutos e bases foi publicado no BOP número 226 do día 1 de outubro de 2001.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo