Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2001 pola que se anuncia o concurso de ideas.

Obxecto: selección da mellor proposta, a nivel de anteproxecto, para adecuación do mercado de abastos ás novas necesidades, co fin de que o equipo gañador redacte un proxecto básico de rehabilitación do edificio que faga as veces de plan director nas futuras intervencións.

O orzamento máximo de execución material necesario para desenvolve-las propostas non pode supera-los seiscentos millóns de pesetas (600.000.000 de pesetas).

Concursantes: poderán participar aquelas persoas naturais ou xurídicas, nacionais ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e adecuación da súa actividade ou finalidade ó obxecto do contrato, non se atopen incursas nalgunha das prohibicións para contratar coa Administración recollidas no artigo 20 do TRLCAP.

Documentación que hai que presentar: é a sinalada na cláusula 5 do prego de bases.

Admisión e data de presentación: poderán participar no concurso de ideas todas aquelas propostas que sexan presentadas no rexistro xeral do concello no prazo de sesenta días naturais desde a última publicación destas bases no BOP e no DOG e cumpran co resto das bases do concurso.

As propostas irán dirixidas ó alcalde do concello e serán recoñecibles polo lema «Concurso de ideas para a remodelación da praza de abastos».

Premio: o xurado outorgará un primeiro premio que facultará o gañador para a adxudicación da asistencia técnica consistente na redacción do proxecto básico das obras.

Así mesmo outorgaranse dous accésit de 500.000 pesetas cada un.

Consulta e documentación: Concello de Santiago de Compostela. Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios. R/ Raxoi s/n. Teléfono: 981 54 31 64.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2001.

O alcalde

Rubricado